O obxectivo principal do proxecto é avanzar na conciliación da vida familiar e laboral, mediante a posta en marcha de medidas de sensibilización e creación de servizos de proximidade no ámbito rural .
-Obxectivos específicos : Impulsar mecanismos que permitan conciliar a vida familiar e profesional, por medio de accións que utilicen as novas oportunidades de emprego e contribúan a diminuír a precariedade laboral da muller.
Apoiar ás empresas para encontrar novos modelos de flexibilidade no traballo así como sensibilizar ás administracións e demais interlocutores sociais sobre igualdade de oportunidades.
-Ámbito territorial:
O proxecto despregará as súas accións en tres zonas:
Zona 1: Melide, Santiso, Toques, Boimorto, Vilasantar, Sobrado e Arzúa.
Zona 2: Miño, Paderne, Irixoa, Aranga, Oza dos Ríos, Cesuras, Mesía, Curtis, Bergondo, Betanzos, Coirós e Abegondo.
Zona 3: Cerdido, Moeche, As Somozas, As Pontes de García Rodríguez, Narón, San Sadurniño, A Capela, Cabanas, Pontedeume, Monfero, Vilarmaior, Mugardos, Fene, Neda e Ares.
A case totalidade destes municipios non desenvolveron proxectos da iniciativa Equal na primeira convocatoria, polo que a conveniencia de actuar nestes territorios considerouse prioritaria á hora de definir o ámbito territorial de actuación.
|
|
| |
|
| |
 |
|
|
 |
| |
|
|
| MULLER XXI-BENVIDAS/OS/CONCILIACIÓN DE LA VIDA FAMILIAR Y LABORAL |
| |
MULLER XXI enmárcase dentro da iniciativa comunitaria EQUAL, cofinanciada polo Fondo Social Europeo.
Trátase de desenvolver novos xeitos de loita contra a discriminación e a desigualdade no mercado de traballo, utilizando para elo a cooperación transnacional.
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |
 |
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|