O obxectivo principal do proxecto é avanzar na conciliación da vida familiar e laboral, mediante a posta en marcha de medidas de sensibilización e creación de servizos de proximidade no ámbito rural . -Obxectivos específicos : Impulsar mecanismos que permitan conciliar a vida familiar e profesional, por medio de accións que utilicen as novas oportunidades de emprego e contribúan a diminuír a precariedade laboral da muller. Apoiar ás empresas para encontrar novos modelos de flexibilidade no traballo así como sensibilizar ás administracións e demais interlocutores sociais sobre igualdade de oportunidades. -Ámbito territorial: O proxecto despregará as súas accións en tres zonas: Zona 1: Melide, Santiso, Toques, Boimorto, Vilasantar, Sobrado e Arzúa. Zona 2: Miño, Paderne, Irixoa, Aranga, Oza dos Ríos, Cesuras, Mesía, Curtis, Bergondo, Betanzos, Coirós e Abegondo. Zona 3: Cerdido, Moeche, As Somozas, As Pontes de García Rodríguez, Narón, San Sadurniño, A Capela, Cabanas, Pontedeume, Monfero, Vilarmaior, Mugardos, Fene, Neda e Ares. A case totalidade destes municipios non desenvolveron proxectos da iniciativa Equal na primeira convocatoria, polo que a conveniencia de actuar nestes territorios considerouse prioritaria á hora de definir o ámbito territorial de actuación.

Para navegar pola web do Equal muller XXI se aconsella instalar o Plug in de Macromedia flash.
Este Plug in permitiralle acceder a contidos multimedia e interactivos tanto nesta web como na maioría das webs que se atopan hoxe en día na rede de Internet.

Se pode visualizar o logo do Equal MullerXXI e o texto "Accede a la página principal" é que ten correctamente instalado o Plug in.(¿Cómo instalar? pincha aqui... )


descarga desde la web de MacromediaDescargar Flash Player

  • [ENTRAR SIN INSTALAR]